InicioPolíticaO PP pide ao Goberno central aclarar os prazos de execución e...

O PP pide ao Goberno central aclarar os prazos de execución e orzamentos da A-74 entre Barreiros e San Cibrao

"A pregunta era moi concreta, pero a resposta do Goberno foi moi vaga", sinalaron Rosa Arza, José Manuel Barreiro, Manuel Lorenzo Varela e Juan Carlos Serrano, que afearon ao executivo que "non concrete prazos".

Publicada o

- Advertisement -

Os senadores do PP pola provincia de Lugo preguntaron o pasado mes de febreiro ao Goberno central polos prazos de execución e as cantidades económicas establecidas para as obras da autovía A-74, entre Barreiros e San Cibrao.

“A pregunta era moi concreta, pero a resposta do Goberno foi moi vaga”, sinalaron Rosa Arza, José Manuel Barreiro, Manuel Lorenzo Varela e Juan Carlos Serrano, que afearon ao executivo que “non concrete prazos”.

Na súa resposta, o Goberno di que “continúa impulsando” o desenvolvemento da A-74. Así, lembra que o 3 de decembro de 2021 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado do tramo Burela-Foz e o 26 de xaneiro de 2022 someteuse a información pública no Boletín Oficial do Estado. Ademais, indica que “unha vez se aprobe definitivamente o proxecto de trazado, continuarase co proxecto de construción”, aínda que sen concretar prazos.

Na exposición de motivos da súa pregunta, os populares destacan que a redacción do proxecto iniciouse no ano 2015 e “a súa execución quedou paralizada cando o PSOE chegou á Moncloa”. Así mesmo, subliñan a “importancia desta infraestrutura como vertebradora da comarca da Mariña co noroeste peninsular e co resto de Galicia, e como unha vía capaz de conectar estes territorios cun porto de tanta importancia como o de San Cibrao, cuxo potencial económico e turístico xera un aumento exponencial do tráfico na zona durante certos períodos do ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...